A Gran Peregrinación de Celanova, A Merca e San Cibrao terá lugar o 28 de abril

As inscriciós estarán abertas ata o 22 de abril
A gran peregrinacion
A Gran Peregrinación
2 abr 2024

O domingo 28 de abril terá lugar a gran peregrinación, camiño de San Rosendo e Rainha Santa, que sairá de diversos concellos da comarca de Ourense.

No Concello de San Cibrao das Viñas, a ruta sairá da Cruz de Rante ás 9.00 horas da mañá. Á mesma hora terán lugar outras dúas saída dende A Merca e dende Celanova. O percorrido das dúas últimas será de 11 kilómetros, mentres que a de San Cibrao será un pouco máis curta, de 9 kilómetros.

Todas as andainas pararán no Mosteiro de San Rosendo, en Celanova, onde entregaranse os premios do Concurso Escolar "Debuxa o teu Camiño", que rematarán cunha actuación musical. Ao fin da actividade, os participantes serán trasladados en autobús ao punto de partida.