A ITV móbil agrícola chegará a Baños de Molgas en maio

OurenseXa
Os vehículos agrícolas de Baños de Molgas poderán pasar a ITV os días 13 e 14 de maio
tractor-itv-agricola
ITV agrícola
14 abr 2024
Os vindeiros días 13 e 14 de maio de 2024, desprazarase a Baños de Molgas unha unidade móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. Esta unidade móbil estará ubicada na explanada do pavillón do concello de Baños de Molgas.
O horario será de mañá, entre as 9.00 e as 13.00 horas, e de tardes, entre as 15.30 e as 18.00 horas.
A cita previa poderá solicitarse no teléfono 902 309 000 o na web de SYC ITV.