A Merca festexará o Día do Deporte o 6 de abril

O concello da Merca festexará o vindeiro día 6 de abril o Día do Deporte, cun programa de actividades dirixidos tanto a adultos coma os nenos, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre as persoas de todas as idades.
A primeira das actividades será a XXVI Carreira de Cros Popular da Merca, que comezará á 10.00 horas e contará cun percorrido de 10 quilómetros. O prezo para participar nesta proba será de 10 euro. Tamén ás 10.00 horas, comezará a Andaina popular, máis accesible para todos os públicos, tamén cun percorrido de 10 quilómetros e un prezo de 10 euros. Por último, ás 11.30 horas, haberá unha xincana dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.
As inscricións nas tres actividades poden realizarse nas oficinas municipais doo Concello da Merca ou por teléfono, chamando ao 988 260 000.