A Merca inicia o expediente para nomear a Manuel Outumuro Fillo Predilecto do municipio

OurenseXa
O recoñecemento busca distinguir a traxectoria profesional e a vinculación do fotógrafo coa localidade
manuel-outumuro
10 Jun 2026

O Concello da Merca deu os primeiros pasos para o nomeamento de Manuel Outumuro como Fillo Predilecto do municipio, unha iniciativa coa que pretende recoñecer tanto a súa destacada carreira profesional como a súa relación coa localidade.

O anuncio produciuse no marco da presenza institucional do Concello en Toulouse, onde o concelleiro de Cultura e Deportes, José Benito Sampedro Feijoo, asistiu á montaxe e posterior inauguración da exposición Mulleres doutros mundos, unha mostra do recoñecido fotógrafo.

A exposición reúne unha serie de imaxes centradas na diversidade, a identidade e o papel das mulleres desde unha perspectiva artística, e permitiu tamén dar visibilidade á vinculación de Outumuro coa súa terra de orixe nun contexto de proxección internacional.

Desde o Concello destacan que a apertura do expediente para a súa designación como Fillo Predilecto responde á vontade de recoñecer a achega cultural e profesional do fotógrafo, considerado unha das figuras máis destacadas da fotografía española contemporánea.

0.14541411399841