A mocidade de Pereiro de Aguiar poderá gozar duo campus de fútbol este verán

O Campo de Fútbol A Carabina, en Loñoá, será escenario este verán do Campus +Q Fútbol, unha iniciativa deportiva que se desenvolverá en dúas quendas durante o mes de xullo.
A actividade celebrarase do 13 ao 17 e do 20 ao 24 de xullo, en horario de 10:00 a 13:30 horas. O campus ofrecerá ás persoas participantes unha experiencia centrada no fútbol e no ocio deportivo.
Entre as actividades e servizos incluídos destacan a Ocio Saugal League, equipación completa, acceso á piscina, seguro de lesións e outras sorpresas preparadas pola organización.