A mostra 'Se todo volvese a empezar' poderá visitarse ata o 6 de xaneiro na Fundación Vicente Risco

OurenseXa
A exposición está composta por 14 gravados
Exposición Se todo volvese a empezar', Allariz
Exposición 'Se todo volvese a empezar', Allariz
7 Dec 2024

A Fundación Vicente Risco acolle a derradeira exposición temporal do ano, “Se todo volvese a empezar”, unha exposición composta por 14 gravados realizados por alumnas do 4º curso do Grao de Belas Artes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Dende a Fundación explican que as técnicas de gravado utilizadas son variadas e abarcan dende técnicas clásicas, como augaforte,, augatinta, punta seca, xilografía ou grofado, ata monotipo e serigrafía.

A mostra poderá visitarse ata o 6 de xaneiro.

0.17353987693787