A música ao vivo regresa a Coles este sábado con dous concertos no Auditorio

OurenseXa
As bandas Faylinn Blues Rock e Amarillo Trece abren esta tarde o ciclo 'Coles ao Vivo'
coles-ao-vivo
9 May 2026

Coles converterase este mes de maio nun punto de encontro para a música en vivo coa celebración de dous concertos no auditorio municipal, con entrada libre e propostas de grupos vinculados ao concello.

A programación arranca este sábado, 9 de maio a partir das 20:00 horas, cunha primeira xornada na que actuarán os grupos Faylinn Blues Rock e Amarillo Trece, nunha noite pensada para o gozo da música en directo nun ambiente festivo.

A segunda cita será o 16 de maio, a partir das 19:30 horas, cun cartel formado por Besbellos, Bushit e Ghostey, que completarán a programación musical desta iniciativa.

Desde a organización destacan o ambiente, o ritmo e o carácter participativo destas xornadas, pensadas para desfrutar da música en directo nun espazo aberto á veciñanza.

0.12278985977173