A música toma Xunqueira de Ambía o 22 de agosto con Antonio Barros e Ialma e Tor

A Colexiata Santa María a Real acollerá ás 21.00 horas unha velada musical que combina a tradición xacobea co son celta, dentro da xira 'Tour 26' e en clave do Xacobeo 2027
xunqueira_ambia_concello
19 Aug 2026

Xunqueira de Ambía acollerá o vindeiro 22 de agosto, ás 21.00 horas, unha cita musical na Colexiata Santa María a Real. O cartel reúne a Antonio Barros e Ialma, que presentarán a súa proposta ligada á música do Camiño, e a Tor, que porá enriba do escenario o seu son celta xunto a Zira.

O espectáculo forma parte da xira 'Tour 26' de Antonio Barros e a Alma, bautizada como 'O Camiño de Vieiras Amarelas' e enmarcada no Xacobeo 2027. Segundo a presentación do propio proxecto, trátase dun concerto pensado para emocionar, no que a tradición do Camiño de Santiago se entrelaza coa maxia inspirada no Mago de Oz, combinando música, luz e imaxinación para quen soña con "chegar máis lonxe".

A cita está organizada pola Xunta de Galicia e terá lugar nun enclave histórico como a Colexiata Santa María a Real de Xunqueira de Ambía, na provincia de Ourense.

0.15795183181763