A Noite Galega das Persoas Investigadoras regresa a Ourense este venres
Un ano máis, a Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) chega a Ourense da man da Universidade de Vigo, coordinadora de este evento que ten como obxectivo achegar a ciencia ás rúas, museos, institucións educativas e bares.
Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento e baixo o lema 'Conciencias creativas', G-Night festexa a súa cuarta edición.
A primeira será na Facultade de Historia, ás 18.00 horas, e consistirá en obradoiros sobre linguas da antigüidade nos que as persoas participantes poderán recrear as escritas antigas. O grupo GEAAT é o encargado da organización desta actividade, na que poderán participar 10 persoas en cada unha das dúas quendas, unha dedicada a Exipto e outra a Roma.
Pola súa banda, o Café & Pop Torgal acollerá a partir das 19.00 horas dúas charlas científicas: Aprendizaxe baseada en xogos e o colectivo transxénero, a cargo de Paula Rodríguez, do Departarmento de Análises e Intervención Psicosociocioeducativa e A ciencia axuda a reducir a violencia de xénero, a cargo de María José Vázquez do Grupo de Psicoloxía Xurídica e da Saúde: convivencia e benestar, e Jennifer Rodríguez, traballadora social. A entrada será libre ata completar aforo.