A novela Azul, de José Ramón Gómez Buhigas, gaña o XI Premio Antón Risco de novela curta

GaliciaXa | OurenseXa
Na resolución, o xurado destacou “a calidade lírica e a intensidade emocional” da novela, así como “a autenticidade da voz narrativa”
xurado-premio-antoon-risco-novela-curta
23 May 2026

O xurado do XI Premio de novela curta Antón Risco 2026 acordou conceder o galardón á obra Azul, do autor José Ramón Gómez Buhigas, nunha reunión celebrada este 23 de maio na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz.

O premio está dotado con 3.000 euros e inclúe ademais a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros, tal e como recollen as bases do certame.

O xurado estivo composto por Celia Fernández Clemente, María Elvira Moroño Suárez, Héitor Mera Herbello —por delegación—, Alejandro Castro Botello e Javier Rúa Soto. Como secretaria, sen voz nin voto, actuou Ana Gloria Rodríguez Alonso.

Na resolución, o xurado destacou “a calidade lírica e a intensidade emocional” da novela, así como “a autenticidade da voz narrativa” coa que aborda “un tema íntimo e doloroso, como é a perda dun ser querido”.

0.12290287017822