A oficina móbil de expedición do DNI e do pasaporte organiza catro citas en Celanova este mes

Celanova acollerá ao longo do mes de maio a presenza dun equipo móbil de expedición do DNI e do pasaporte, co obxectivo de facilitar á veciñanza a renovación e tramitación destes documentos sen necesidade de desprazarse a outras localidades.
O servizo estará dispoñible na Praza Maior os días 4, 12, 20 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
As persoas interesadas deberán reservar cita previamente nas oficinas municipais de Celanova. Para máis información, o Concello habilita o teléfono 988 431 481.