A orquestra Panorama estrea o seu novo espectáculo en San Cibrao das Viñas

A primeira edición de "As Viñas Fest" arranca este sábado en San Cibrao
panorama
Orquestra Panorama
20 Abr 2024

Este sábado, 20 de abril, a partir das 17.30 horas, arranca a primeira edición de "As Viñas Fest", un festival totalmente gratuito que contará coa actuación da orquesta Panorama, que estrea en San Cibrao das Viñas o seu novo espectáculo.

A Panorama actuará dende as 22.00 horas ata ata a 1.00 horas da madrugada. A partir desa hora a festa estará asegurada pola disco móbil Gramola, que poñerá a música ata as 4.00 horas da madrugada.

Pola súa banda, durante o día, os máis cativos poderán disfrutar dunha sesión de tarde con Uxía Lambona e a Banda Molona, a partir das 17.30 horas. Ademáis, haberá unha zona de inchables e "espazos relax" con mesas.

0.13241314888