A OUFF Film Symphony leva a música de 'El Señor de los Anillos' esta semana ao Auditorio de Ourense

GaliciaXa | OurenseXa
A Xove Orquesta Ourensanía, dirixida por José Luis Tielas, interpretará o vindeiro 26 de setembro as composicións de Howard Shore para a triloxía, dentro dos actos previos ao OUFF
El-Senor-de-los-Anillos-_-BSO+Clasica
Imaxe de arquivo
24 Sep 2026

O ciclo OUFF Film Symphony pon rumbo á súa primeira cita, dedicada por completo á música da triloxía cinematográfica de 'El Señor de los Anillos'. O concerto terá lugar o vindeiro 26 de setembro no Auditorio de Ourense.

A proposta enmárcase na homenaxe que o OUFF · Ourense Film Festival rende ao legado de J.R.R. Tolkien, nun ano no que se cumpren 25 anos da estrea nas salas da triloxía dirixida por Peter Jackson.

Á fronte da actuación estará José Luis Tielas, quen dirixirá á Xove Orquesta Ourensanía —a primeira formación sinfónica estable coa que conta a cidade—, reforzada por un amplo coro para abordar as composicións orixinais de Howard Shore. O espectáculo arrincará cunha narración interpretada que situará ao público no contexto argumental da historia antes de dar paso á música.

O repertorio percorrerá algúns dos momentos musicais máis destacados da saga: o coñecido prólogo introdutorio, o tema 'May it be' —interpretado orixinalmente por Enya—, 'The Evenstar' e a melodía asociada aos hobbits, entre outras composicións.

O propio José Luis Tielas sinalou que os ensaios para preparar esta montaxe xa están en marcha, dada a complexidade que supón versionar en directo unha das bandas sonoras máis aclamadas e tecnicamente esixentes do cine recente.

Esta proposta musical súmase a outras actividades xa anunciadas, como a mostra 'Tierra del Anillo. Un viaje entre reinos', e forma parte do conxunto de actos cos que o festival vai quentando motores antes da súa 31ª edición, que se desenvolverá entre o 25 de setembro e o 4 de outubro.

0.14974212646484