A ourensá Carlota Álvarez desputará a Copa de Europa sub21 de Hockey
OurenseXa
A deportista, pertencente ao Club Hockey Albor, formará parte da selección española hockey herba sub21
Carlota Álvarez
3 Jul 2024
A deportista ourensá, Carlota Álvarez, pertencente ao Club Hockey Albor, foi seleccionada para formar parte da selección española hockey herba sub21 que desputará a Copa de Europa de Hockey da súa categoría. O campionato terá lugar en Tarrasa entre o 14 e o 20 de xullo.
A deportista tamén formou parte da Selección Absoluta de Hockey Sala que desputou o pasado mes de febreiro a Copa de Europa en Berlín, unha cita no que o equipo feminino logrou obter a cuarta posición.