A parroquia de Santa Teresita organiza as súas festas grandes para o 25, 26 e 27 de setembro

OurenseXa
O barrio ourensán celebrará tres xornadas festivas con verbena, sesións vermú, música tradicional e actos relixiosos, ademais de atraccións para os máis pequenos durante as tardes
festas_santa_teresita_ourense
29 Aug 2026

A parroquia de Santa Teresita, en Ourense, xa ten listo o programa das súas festas grandes, que se desenvolverán ao longo de tres xornadas, do 25 ao 27 de setembro de 2026, coa colaboración do Concello de Ourense.

Os festexos comezarán o día 25 cunha verbena nocturna a partir das 23.30 horas, amenizada pola orquestra La Banda de Ayer.

A xornada do 26 arrancará ao mediodía, ás 13.00 horas, cunha sesión vermú na avenida de Santiago, no Bar Novo Milenio. Pola noite, ás 23.15 horas, actuará un grupo de baile, e a continuación, ás 23.30 horas, terá lugar a festa da xuventude coa actuación da Gramola.

O día grande será o 27, que se abrirá ás 10.00 horas cunha alborada a cargo dos gaiteiros de Redegaita. Ás 12.00 horas celebrarase unha misa solemne seguida da procesión, e de novo á 13.00 horas repetirase a sesión vermú no mesmo local da avenida de Santiago.

Durante as tardes das festas instalaranse atraccións infantís para o desfrute dos máis pequenos.

Como remate dos actos festivos, o 10 de outubro, ás 19.30 horas, celebrarase o XXI Festival Coral Rondalla, no que participará o grupo Os Afiadores.

0.17011713981628