A Peroxa acolle esta tarde a proxección da película ‘Barbie’ no Auditorio Municipal o 20 de xuño

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A iniciativa forma parte das actividades impulsadas a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
cine-a-peroxa-barbie
20 Jun 2026

O Auditorio Municipal da Peroxa acolle esta tarde, ás 21:00 horas, a proxección da película Barbie, unha actividade enmarcada nas accións promovidas a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A cinta, estreada en 2023 e dirixida por Greta Gerwig, é unha comedia fantástica con elementos satíricos baseada na coñecida liña de bonecas de Mattel. Trátase da primeira adaptación en imaxe real do personaxe tras numerosas producións de animación.

A historia céntrase na viaxe de Barbie e Ken, interpretados por Margot Robbie e Ryan Gosling, respectivamente, que tras vivir en Barbie Land inician unha etapa de descubrimento persoal no mundo real. Ao longo do filme enfróntanse a unha crise existencial que marca o desenvolvemento da trama. O reparto complétase con nomes como America Ferrera, Michael Cera, Kate McKinnon, Issa Rae, Rhea Perlman e Will Ferrell, entre outros intérpretes.

0.093096971511841