A Peroxa celebra en Turbisquedo as festas na honra a San Cristovo e San Benito do 10 ao 12 de xullo

A parroquia de San Cristovo do Souto, en Turbisquedo (A Peroxa) celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Cristovo e San Benito, cun programa que combina actos relixiosos e actuacións musicais.
As celebracións arrancarán o venres 10 de xullo cunha procesión e misa solemne na honra a San Cristovo, que dará comezo ás 12.00 horas.
O sábado 11 de xullo será a quenda de San Benito, cunha procesión e misa solemne ás 12.30 horas. A continuación celebrarase a sesión vermú e, xa pola noite, a festa continuará con verbena amenizada por Karamelo Show con Jorge Ferre.
O programa pecharase o domingo 12 de xullo cunha procesión e misa solemne ás 12.30 horas. A xornada contará coa actuación de Begoña Mazaira e coa sesión vermú amenizada polo dúo Flow.