A Peroxa celebrará a Festa do Viño Novo de Rebadaira con dous días de música e gastronomía

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A celebración terá lugar o 16 e 17 de outubro no lugar de Gulfariz con cea popular, pasarrúas polas adegas, degustacións de viño e actuacións musicais
festa-viño-novo-rebadaira
13 Oct 2026

A localidade de Gulfariz, no municipio da Peroxa, acollerá os días 16 e 17 de outubro a Festa do Viño Novo de Rebadaira 2026, unha cita que combinará a degustación de viño, a gastronomía e a música ao longo de dúas xornadas.

A programación comezará o venres 16 cunha cea popular cun prezo de 18 euros. A noite estará amenizada por Santos Discomóbil.

O sábado 17, a actividade trasladarase ás adegas coa celebración dun pasarrúas acompañado pola charanga Va K Pinta. A proposta incluirá degustación de viño e unha sesión de tarde con Luces de Bohemia e DJ Dab Music. A xornada continuará con festa e verbena a cargo dun trío.

A gastronomía terá tamén un papel destacado durante o sábado, con servizo de xantar e cea con polbo. O menú do xantar custará 20 euros e incluirá empanada, carne ao caldeiro, pan, bica e bebida. Pola súa banda, a cea terá o mesmo prezo e estará composta por empanada, churrasco con ensalada, pan, bica e bebida.

As reservas para as comidas poden realizarse nos teléfonos 674 997 732, de Aitor, e 633 302 894, de Martín.

0.13515710830688