A Peroxa despide agosto este domingo coa Festa da Carne ao Caldeiro en Mirallos

A Peroxa celebrará este domingo, 30 de agosto, unha nova edición da Festa da Carne ao Caldeiro, unha cita gastronómica que terá lugar no Campo da Saúde, en Mirallos.
A xornada ofrecerá un menú composto por empanada, carne ao caldeiro, pan, café, sobremesa, auga e viño, nunha proposta pensada para reunir a veciños e visitantes arredor da gastronomía tradicional.
As persoas interesadas en asistir poden realizar a súa reserva no teléfono 661 860 526.