A Peroxa e Barbadás protagonizan as primeiras rutas do programa ‘Mergúllate na Comarca de Ourense’ promovido por Adercou

RibeiraSacraXa | OurenseXa
As actividades combinaron sendeirismo, patrimonio, visitas culturais e degustación de produtos locais a través de dous percorridos pola comarca
mergullate-na-tua-provincia-adercou-a-peroxa
22 Sep 2026

O programa ‘Mergúllate na Comarca de Ourense’, promovido con Adercou, iniciou esta fin de semana a súa programación con dúas propostas que levaron as persoas participantes ata A Peroxa e Barbadás para coñecer o territorio a través da natureza, o patrimonio e a gastronomía.

A primeira ruta desenvolveuse na Peroxa cun percorrido polo río Miño ata Os Peares. A xornada combinou a actividade física coa descuberta de elementos patrimoniais e culturais da contorna, ademais dunha degustación de produtos locais.

A proposta incluíu tamén unha visita ao Museo do Lebre, un espazo etnográfico de A Peroxa que reúne arredor de 500 pezas, máquinas e inventos creados por Manuel Fernández Fernández, coñecido como “O Lebre das Casarizas” (1906-1997). A colección permite achegarse á vida rural do século XX e ao traballo deste veciño autodidacta.

A xornada completouse con degustacións en O Solpor e O Castelo, onde os participantes puideron coñecer e probar produtos da comarca.

A segunda das actividades trasladouse a Barbadás, onde o programa propuxo un percorrido pola Ruta do Tangaraño e San Benito de Cova do Lobo. O itinerario, de sete quilómetros e dificultade media, contou con guía e interpretación para facilitar a coñecemento do territorio.

Neste caso, a actividade tamén incluíu unha degustación de produtos locais no establecemento Os Faroles, na Valenzá, así como unha visita ao Museo da Gaita de Fole.

 

0.16521596908569