?> A Peroxa inicia unha campaña de loita contra as velutinas en OurenseXa

A Peroxa inicia unha campaña de loita contra as velutinas

OurenseXa
O xoves, 25 de abril, o Concello da Peroxa repartirá entre os veciños novas trampas para velutinas
trampa-velutinas
Niño de velutinas
Redacción Ourensexa
24 abr 2024

Galicia leva xa máis dunha década intentando loitar contra a vespa velutina que, cada ano que pasa, reforza a súa presenza no territorio galego.

Este insecto asiático leva xa causadas 28 mortes na comunidade dende que se detectaron os primeiros niños no ano 2010. Un problema que afecta sobre todo ao rural galego e que está a acabar coas colonias de abellas nos lugares nos que esta especie invasora atópase máis establecida.

Durante o ano pasado, Ourense foi a segunda provincia, só por detrás de Lugo, na que máis avisos se rexistraron sobre a presenza de velutinas.

Dende o Concello de A Peroxa son conscientes desta situación, polo que veñen de poñer en marcha unha campaña de loita contra este insecto, que consiste no reparto gratuito de trampas entre a veciñanza.

O reparto farase este xoves, 25 de abril, entre as 13.00 e as 15.00 horas no baixo do polideportivo. Para facerse con unha destas trampas o único requisito será levar as de anos anteriores.

Dende o Concello recomentan tamén que se revisen os faiados e tellados de casas e galpones que é onde as velutinas adoitan facer os niños primarios.