A Peroxa organiza unha saída cultural a Lugo con motivo das festas de San Froilán

O Concello da Peroxa organizará o xoves 15 de outubro unha saída cultural á provincia de Lugo con motivo das festas de San Froilán, unha proposta dirixida a persoas maiores de 55 anos.
A viaxe terá a súa saída ás 9.00 horas desde a Praza do Concello. A actividade inclúe unha comida de pulpo e terá un prezo de 15 euros para as persoas empadroadas na Peroxa e de 30 euros para as non empadroadas.
O Concello informa de que os asentos dianteiros do autobús non poderán reservarse, agás nos casos nos que exista unha necesidade médica xustificada, como problemas de mobilidade reducida ou mareos severos.
As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición antes do 13 de outubro ás 14.30 horas. Poderán facelo na Casa do Concello, no teléfono 988 206 614 ou a través do correo electrónico turismoaperoxa@gmail.com.