A Peroxa pon en marcha o programa Concilia Verán 2026 do 25 de xuño ao 4 de setembro

OurenseXa
Poderán anotarse nenos e nenas de entre 4 e 16 anos
concilia-veran-a peroxa
24 Jun 2026

A Peroxa pon en marcha o programa Concilia Verán do 25 de xuño ao 4 de setembro. A iniciativa está dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 16 anos e desenvolverase sempre en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e para anotarse haberá que dirixirse ao Concello. A inscrición para as crianzas empadroadas no concello será de balde, mentres que para os non empadroados terá un custo de 90 euros ao mes ou 60 euros por quincena.

0.084520101547241