A Peroxa prepara a súa IX Andaina Solidaria a favor de ALCER Ourense

A Peroxa celebrará o próximo 18 de outubro a súa IX Andaina Solidaria, unha actividade a favor da Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais, ALCER Ourense.
A saída terá lugar ás 9.30 horas desde a Praza do Concello e as persoas participantes poderán escoller entre dúas rutas: unha curta de 7 quilómetros e outra longa de 15,5 quilómetros.
A recollida de dorsais estará dispoñible a partir do 12 de outubro no Concello da Peroxa ou na sede de ALCER-Ourense. As inscricións poden realizarse a través da web www.ccnorte.com ou o propio día da andaina.
O prezo é de 8 euros, dos que 5 euros se destinarán a doazón e 3 euros corresponden aos gastos de organización.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo turismoaperoxa@gmail.com ou do teléfono 988 20 66 14.