A Peroxa presenta a séptima edición da súa Andaina Solidaria
OurenseXa
A cita terá lugar este domingo, 26 de maio, e os beneficios irán en favor da Asociación Diabética Auria
24 Maio 2024
O Concello de A Peroxa organiza a sétima edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense, que se celebrará o 26 de maio a favor da Asociación Diabética Auria.
Os organizadores desta iniciativa reuníronse esta semana para ultimar os detalles deste evento solidario. Na xuntaza estiveron o alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, e o concelleiro da Peroxa, José Manuel Rodríguez; xunto coa vicepresidenta da asociación Margarita Diéguez e varios socios da asociación.
A proposta inclúe dous percorridos circulares de diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes: unha ruta curta de 6 qm e outra longa de 17 qm, con avituallamentos e sorteos ao remate da proba. En ambos casos, a saída da andaina será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello.
Os interesados en participar poderán anotarse ata venres, 24 de maio. Tamén o propio día da andaina media hora antes da saída, pagando en efectivo os 8 euros do dorsal. Para aqueles que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria e non poidan participar poderán realizar aportacións a través da Fila 0.