A Piscina da Merca incorpora sesións de aquagym os luns e xoves durante o verán

A Piscina da Merca contará este verán cunha nova proposta centrada na actividade física e o benestar coa organización de sesións de aquagym que se celebrarán dous días á semana.
As clases desenvolveranse os luns e xoves en horario de 20.15 a 21.00 horas e están pensadas como unha alternativa para realizar exercicio físico de maneira segura, dinámica e adaptada a distintos niveis.
A iniciativa busca ofrecer unha actividade que contribúa á mellora da condición física, ao fortalecemento muscular e ao coidado das articulacións aproveitando as vantaxes do exercicio dentro da auga.
A participación estará aberta ás persoas interesadas sen necesidade de realizar inscrición previa.