A piscina municipal de Verea celebra unha festa ibicenca

OurenseXa
Será este sábado a partir das 22:00 horas e animará ás persoas asistentes a acudir vestidas de branco
festa-ibicenca-verea
17 Jul 2026

A piscina municipal de Verea converterase o vindeiro 18 de xullo no escenario dunha festa de temática ibicenca organizada polo Bar Piscina de Verea, cunha proposta que combinará música, ambientación especial e oferta gastronómica.

A celebración dará comezo ás 22:00 horas e contará cunha decoración inspirada no estilo ibicenco, ademais de música durante toda a noite para amenizar a xornada. A organización tamén ofrecerá unha proposta gastronómica con pratos de cociña venezolana e galega, así como copas a un prezo de 5,50 euros.

Como parte da temática da festa, convídase ás persoas asistentes a acudir vestidas de branco, contribuíndo así á ambientación do evento.

A entrada será gratuíta, co obxectivo de ofrecer unha noite de lecer aberta a toda a veciñanza e visitantes.

0.13901901245117