A rúa Villamil e Castro pechará ao tráfico por obras de reparación da calzada
OurenseXa
Durante o día de hoxe, martes 9 de xullo, estará permitido o paso de vehículos por quendas
9 Xul 2024
A rúa Villamil e Castro, na contorna do campus novo, estará pechada ao tráfico de vehiculos mañá, mércores, día 10 de xullo, pola execución de obras de reparación da calzada. Durante o día de hoxe, martes, estará permitido o paso de vehículos por quendas: primeiro pasarán os coches nun sentido e despois no outro.