A San Martiño 2024 chega a Ourense este Domingo cun novo percorrido

OurenseXa
Miles de persoas percorrerán este domingo as principais rúas da cidade nesta cita, incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo
Novo percorrido San Martiño
Novo percorrido San Martiño
9 Nov 2024

A Cerreira Pedestre do San Martiño regresa un ano máis con miles de inscritos e cun novo percorrido.

A tradicional cita deportiva, incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo día 10 de novembro, véspera do padrón da cidade.

A proba contará con 5 categorías: absoluta (10 quilómetros), Sub18, 16 e 14 (5 km), Sub 12 (800 m), Sub10 (800 m) e inclusiva (800 m).

A principal novidade deste 2024 é que a carreira absoluta terá un novo percorrido, motivado polas obras que se están a executar na Avenida das Caldas. A nova ruta, homologada pola Real Federación Española de Atletismo, discorrerá por: Ponte do Milenio, Avenida Xesús Pousa, Praza da Estación, Avenida de Marín, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Fernández-Oxea, Galicia, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza, Avenida de Zamora, Rotonda Avenida de Zamora, Avenida de Zamora (sentido contrario), Progreso, Marcelo Macías, Avenida de Portugal, Vila Real, Ervedelo, Doutor Fleming, Tras Alameda, O Progreso ata a meta, que estará na rúa do Progreso á altura da Praza de Concepción Arenal.

0.19490194320679