A Subdelegación do Goberno de Ourense organizou unha xornada formativas sobre violencia de xénero
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou na apertura da xornada formativa que a Subdelegación ourensá organizou este xoves dentro dos actos conmemorativos do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, que se celebra o vindeiro 25 de novembro.
Esta xornada consistiu en dúas ponencias, a primeira delas a cargo do responsable da Subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Ourense, Julio Jiménez, que afondou na intervención do médico forense en casos de violencia de xénero e violencia sexual. Na segunda, a coordinadora do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX), Mª Luz Losada; e a psicóloga, Ermitas Acevedo, explicaron o abordaxe psicoterapéutico desde este programa.
A encargada de conducir o evento foi a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, Alida Iglesias.