A unidade móbil de doazón de sangue chega a Ribadavia o 19 de agosto dentro da campaña 'Un alento de vida'

OurenseXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instalará o seu autobús fronte á igrexa do Portal, nos xardinillos, en horario de mañá e tarde, dentro da campaña estival que busca 22.000 doazóns antes de que remate agosto
doa_sangue_ribadavia_2026
10 Aug 2026

Ribadavia acollerá o vindeiro mércores 19 de agosto unha nova xornada de doazón de sangue, integrada na campaña de verán "Un alento de vida" que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dependente do Servizo Galego de Saúde, está a desenvolver en máis de 170 concellos galegos.

A unidade móbil estará situada fronte á igrexa do Portal, na zona dos coñecidos 'xardinillos, e permanecerá aberta á cidadanía en dous quendas: pola mañá, de 10.00 horas a 14.15 horas, e pola tarde, de 16.00 horas a 21.00 horas.

Para poder doar é necesario ter almorzado previamente e, no caso de facelo despois de xantar, respectar un período de espera de dúas horas. ADOS tamén recomenda evitar comidas copiosas antes da extracción. Ademais, é imprescindible traer o DNI ou un documento identificativo similar, así como a tarxeta de doazón se xa se dispón dela, e informar ao persoal médico de calquera medicamento que se estea a tomar.

Poden doar sangue, con carácter xeral, as persoas maiores de idade que pesen máis de 50 quilos e non padezan nin teñan padecido enfermidades transmisibles por vía sanguínea.

Para calquera consulta relacionada coa doazón, coñecer novas datas de desprazamento das unidades móbiles ou resolver dúbidas sobre os requisitos, a Axencia pon á disposición da cidadanía o seu portal web ados.sergas.gal, as súas redes sociais e o teléfono gratuíto 900 100 828.

0.14074897766113