A unidade móbil de doazón de sangue fará parada en Allariz este mércores

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a Allariz o vindeiro mércores, 22 de xullo, para realizar unha nova campaña de doazón de sangue en colaboración co Concello.
O vehículo situarase no Campo da Barreira e atenderá ás persoas doantes en horario de mañá, de 9:45 a 14:15 horas, e de tarde, de 16:00 a 21:00 horas.
Desde a organización lembran que, para realizar a doazón, é recomendable almorzar ben e, no caso de acudir despois de xantar, agardar polo menos dúas horas, evitando as comidas copiosas.
As persoas doantes deberán presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou outro documento identificativo equivalente. Ademais, recoméndase informar ao persoal sanitario no caso de estar a seguir algún tratamento con medicación.
A campaña busca fomentar a participación da veciñanza nun período, como o verán, no que as reservas de sangue adoitan diminuír e as necesidades asistenciais continúan sendo elevadas.