A unidade móbil de doazón de sangue volve este xoves a Allariz

OurenseXa
Estará operativa en horario de tarde no Campo da Barreira
Doa Sangue
13 May 2026

O próximo xoves 14 de maio, unha unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ata o Campo da Barreira, onde permanecerá operativa en horario de 16:00 a 21:00 horas. A iniciativa busca facilitar a participación da cidadanía nun xesto solidario que, segundo se lembra desde a organización, pode contribuír a salvar vidas.

A campaña está dirixida a persoas maiores de 18 anos e cun peso superior aos 50 quilos, que cumpran cos requisitos establecidos para poder doar sangue. Desde o servizo sanitario infórmase tamén dunha serie de recomendacións previas á doazón.

É imprescindible acudir con documento de identidade, como o DNI, e evitar chegar en xaxún. No caso de ter comido recentemente, recoméndase agardar polo menos dúas horas e evitar inxestas moi copiosas antes da doazón. Así mesmo, aconséllase manter unha correcta hidratación nas horas previas, bebendo líquidos como auga ou refrescos.

0.12261891365051