A UVigo avanza na licitación do novo edificio de Aeronáutica do campus de Ourense

OurenseXa
A nova licitación será de máis de dez millóns de euros
Escola de Enxeñería Aeroespacial do Campus de Ourense
Escola de Enexeñeira Aeroespacial do Campus de Ourense
7 Feb 2025

Na primeira sesión ordinaria do Consello de Goberno do 2025 da UVIgo, o reitor, Manuel Reigosa, adiantou no seu informe que o proceso da nova licitación da construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo xa se atopa na última fase. Despois de que a primeira proposta realizada pola UVigo, que contemplaba un custo total con IVE de arredor de 8,3 millóns de euros, quedase deserta o ano pasado, esta nova licitación, segundo avanzou hoxe Reigosa, será de aproximadamente dous millóns de euros adicionais. “Agardamos que poidamos ter éxito nesta ocasión e que este ano non só vexamos as grúas no campus de Ourense senón que se avance bastante no edificio”.

Este orzamento será financiado nun 60 % mediante un convenio coa Xunta de Galicia e nun 40 % con fondos propios da Universidade de Vigo, xa previstos nos orzamentos deste ano.

Manuel Reigosa subliñou a importancia de axilizar este proceso e destacou que este novo edificio non só cubrirá as necesidades das titulacións de Aeronáutica, senón que tamén permitirá reorganizar e optimizar o campus pensando nun futuro prometedor, avalado polos elevados datos de matrícula. Ademais, sinalou que a creación da futura Facultade de Enfermaría e o inicio de novas titulacións relacionadas co Campus Auga requiren unha planificación axeitada para garantir instalacións de calidade que dean soporte a todas as ensinanzas.

0.16968607902527