A veciñanza de Cartelle poderá doar sangue este martes

O municipio de Cartelle acollerá este martes 21 de abril a visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que se desprazará ata diferentes puntos do concello para facilitar a participación da cidadanía na doazón de sangue.
A campaña contará con dous puntos de atención. O primeiro estará situado en Outomuro, diante da antiga Caixanova, en horario de 16:30 a 18:30 horas. Posteriormente, a unidade móbil desprazarase ata Cartelle, onde se instalará diante da farmacia entre as 19:00 e as 21:00 horas.
Desde a organización lembran que doar sangue é un xesto solidario que pode salvar ata tres vidas, e que a participación da poboación é fundamental para garantir as reservas sanitarias. Así mesmo, recoméndase ás persoas doantes almorzar ou comer antes de acudir, evitar comidas graxas nas dúas horas previas e levar o DNI.