A Veciñanza de Celagantes organiza unha xornada de convivencia o 31 de maio

A asociación A Veciñanza de Celagantes ten prevista a celebración dunha xornada en Celaguantes o próximo 31 de maio, cun programa de actividades ao longo da mañá e do mediodía.
A xornada comezará ás 10:00 horas cun roteiro circular de 6,5 quilómetros, pensado para promover a participación veciñal e o desfrute do entorno natural da zona.
Xa pola tarde, ás 13:15 horas, terá lugar un concerto a cargo de Carolina Rubirosa e Rafa Otero. A actuación funcionará mediante taquilla inversa.
A continuación, ás 14:30 horas, celebrarase unha comida popular con empanada, fiambre, carne arrefriada, auga e viño. O prezo será de 18 euros por persoa e será necesaria reserva previa.
As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa reserva ata o 25 de maio chamando ao teléfono 678 703 410.