A veciñanza de Coles amosou o seu talento cunha exposición no Salón de Plenos do Concello

OurenseXa
A mostra, organizada por A Casiña Artesanal de Coles, permitiu mostrar ao público o talento da veciñanza
expo-pintura-coles
19 Jul 2026

A veciñanza de Coles amosou o seu talento artístico nunha exposición de pintura que abriu ao público no Salón de Plenos do Concello a finais do pasado mes de xuño.

A iniciativa, organizada por A Casiña Artesanal de Coles, permitiu descubrir diferentes estilos, técnicas e obras realizadas por persoas creadoras da contorna, nunha mostra que pon en valor a creatividade e o talento local.

A exposición pretende achegar a cultura á cidadanía, apoiar a creación artística e ofrecer unha oportunidade para desfrutar dunha proposta diferente no municipio.

0.39440608024597