A veciñanza de Peliquín convoca unha concentración este xoves para pedir solucións ante o paso a nivel
OurenseXa
A concentración terá lugar diante da Subdelegación do Goberno de Ourense ás 11.00 horas
11 sep 2024
A Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños conovoca este xoves ás 11.00 horas unha concentración fronte á subdelegación do Goberno de Ourense para esixir unha solución á construcción dun paso a nivel no barrio.
En concreto, ADIF eliminará o paso actual e instalará unha pasarela elevada sobre as vías do tren. A nova estrutura situaríase a 400 metros do paso actual, e tería unha altura de ata sete metros o que, segundo denuncian as veciñas e veciños, deixaraos totalmente illados. Por iso, piden que se leve a cabo unha alternativa que consistiría nun paso soterrado tanto para peóns como para vehículos.