A veciñanza de Peliquín reclama a instalación dun paso a nivel soterrado
OurenseXa
Veciños e veciñas mobilizarónse este xoves fronte á Subdelegación do Goberno de Ourense para protestar contra a proposta de ADIF de instalar un paso elevado
A AVV Peliquín-Catro Camiños mobilízase fronte á Subdelegación do Goberno de Ourense
12 Sep 2024
A Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños mobilizouse esta mañá fronte a Subdelegación do Goberno de Ourense para reclamar a instalación dun paso a nivel soterrado en lugar da pasarela elevada que propón o proxecto aprobado por ADIF.
En concreto, ADIF eliminará o paso actual e instalará unha pasarela elevada sobre as vías do tren que se situaría a 400 metros do paso actual, e tería unha altura de ata sete metros o que, segundo denuncian as veciñas e veciños, deixaraos totalmente illados. Por iso, piden que se leve a cabo unha alternativa que consistiría nun paso soterrado tanto para peóns como para vehículos.