A veciñanza de Santa Ana do Pino recibiu un curso de primeiros auxilios

OurenseXa
O curso contou cun gran éxito de participación e terá a súa segunda edición o vindeiro día 25
curso-primeiros-auxilios-avv-santa-ana-do-pino
Curso de primeiros auxilios na AVV Santa Ana do Pino
20 Apr 2025

O local social da Asociación de Veciños de Santa Ana do Pino, integrada na Agrupación Miño, acolleu esta semana unha xornada sobre primeiros auxilios que contou cunha ampla participación.

A actividade, organizada en colaboración co equipo de atención primaria do Centro de Saúde de A Ponte, abordou como actuar en casos de primeiros auxilios permitindo achegar as veciñas e veciños do Pino información de utilidade para a saúde.

Esta actividade terá unha segunda edición, neste caso de forma práctica, o vindeiro día 25 ás 18.30 no local veciñal.

⚙ Configurar cookies
0.16608119010925