A VI Festa Etnográfica de Loñoá xa ten data de celebración

OurenseXa
Será o 12 de xullo co tradicional mercado de artesanía e numerosas actividades festivas
festa-etnografica-de-loñoa-2
18 Apr 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar xa ten data para unha das súas festas máis esperadas: a VI Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar tamén coñecida como Romería Etnográfica de Loñoá.

Será o 12 xullo e, aínda que o programa está por confirmar, o Concell avanzou que este ano volverá como é tradición o mercado de produtos artesanais e numerosas actividades ao longo do día, incluíndo actuacións do grupo “Os Xuncos”, das cantareiras “As Lapacaldas” e do grupo de acordeóns “Airiños de Foles”, ademais de propostas infantís e xogos populares.

0.11998105049133