A VII Festa Etnográfica do Pereiro contará cunha Feira Miúda con actividades exclusivas para nenos e nenas

OurenseXa
A programación inclúe obradoiros, xogos teatralizados, contacontos, música e actividades infantís ao longo de toda a xornada
festa-etnografica-de-loñoa-2
9 Jul 2026

Pereiro de Aguiar acollerá este sábado a súa VII Festa Etnográfica, unha cita que se celebra anualmente na parroquia de Loñoá que este ano contará con arredor dunha decena de actividades dirixidas aos máis pequenos na Feira Muída.

A xornada arrancará ás 11.00 horas coa apertura oficial da festa. Media hora despois, entre as 11.30 e as 12.30 horas, desenvolverase un escape room infantil. Entre as 12.00 e as 14.00 horas celebrarase un obradoiro de cestería, mentres que ás 13.00 horas terá lugar a primeira representación do gran xogo infantil teatralizado "O estraño caso da ola perdida".

A programación continuará pola tarde cun obradoiro de brinquedos entre as 17.00 e as 19.00 horas. Ás 17.30 horas haberá dobre proposta, co contacontos "Off-Line", a cargo de Nerea Rodríguez, e unha nova sesión do escape room infantil, que se prolongará ata as 18.30 horas.

Ás 18.15 horas, Xoán Curiel ofrecerá a actividade "Como montar a túa banda de verán", antes de que ás 19.00 horas se represente de novo o xogo teatralizado "O estraño caso da ola perdida".

Durante toda a xornada permanecerá aberto un punto de intercambio de libros infantís, completando unha programación centrada no lecer, a creatividade e a divulgación do patrimonio etnográfico.

0.13094806671143