A vila de Chaioso celebra esta fin de semana as súas festas patronais

OurenseXa
A programación inclúe verbenas, concertos, campionato de subastado e sorteos durante a fin de semana festiva
festas-chaioso
25 Jun 2026

A vila de Chaioso celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro, que se desenvolverán os días 26, 27 e 28 de xuño de 2026 cun amplo programa de actividades.

O venres 26 terá lugar o “Chaioso Fest”, entre as 23:00 e as 5:00 horas, cunha sesión musical a cargo de DJ Blits, DJ Hugorp, DJ Misil e DJ Requejo. A xornada contará tamén cun concerto de Leticia Sabater.

O sábado 27 ás 15:00 horas celebrarase o Campionato de Subastado, con premios para as persoas gañadoras que inclúen dous xamóns para o primeiro posto, un xamón para o segundo e un queixo para o terceiro.

Xa pola noite, ás 00:00 horas, terá lugar a verbena a cargo da orquestra Horizon The Show. Durante o descanso realizarase un sorteo no campo da festa no que se repartirán diversos premios, entre eles unha pantalla LED Genium de 75 polgadas, outra de 32 polgadas, un “Satisfier Pro 23”, unha noite para dúas persoas en cabanas da Ribeira Sacra e un vale de 50 euros en carburante.

O domingo 28 ás 15:00 horas continuarán as festas coas semifinais e finais do Campionato de Subastado, pechando así a programación festiva.

0.13558793067932