A Xunta comprométese a "garantir o benestar de todos os veciños do concello de Barbadás"

OurenseXa
Manuel Pardo e Xosé Carlos Valcárcel, mantiveron un encontro no que a Xunta trasladou o seu compromiso "de acometer os investimentos necesarios" neste concello
Manuel Pardo reúnese co alcalde de Barbadás
Manuel Pardo reúnese co alcalde de Barbadás
13 Nov 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.

Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Barbadás”.

0.2027530670166