A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aproba destinar 300.000 en axudas para emerxencia social
OurenseXa
O goberno municipal presentará este proxecto de modificación orzamentaria ao Pleno do Concello para a súa aprobación
Concello de Ourense
13 Nov 2024
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou en sesión extraordinaria o proxecto de modificación orzamentaria 26P, que ten como finalidade destinar unha contía de 300.000 euros á partida de axudas do programa de emerxencia social. O importe da modificación financiarase con cargo a remanente de tesouraría para gastos xerais.
O goberno municipal presentará este proxecto de modificación orzamentaria ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.