A Xunta destaca a importancia da ‘Uros Race’ para a promoción do deporte e a saúde en Ourense

OurenseXa
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo un encontro co presidente do Colectivo Hércules, Thor López, para avanzar en novas liñas de colaboración entre ambas entidades
Manuel Pardo e Thor López
Manuel Pardo e Thor López
7 Jan 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá con Thor López, presidente do Colectivo Hércules ao que lle amosou a total colaboración do Goberno galego na organización de carreiras de obstáculos como é o ‘Uros Race’, e destacou a importancia destes eventos na estratexia de promoción do deporte e a saúde en Ourense.

O delegado territorial aproveitou a xuntanza co responsable da asociación para felicitarlle polo  éxito da primeira proba que se desenvolveu o pasado 1 de setembro nas instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) do Concello de Toén, e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir apoiando actividades que fomenten o deporte accesible, sostible e participativo na provincia.

0.16937899589539