A Xunta presenta aos 28 novos directores que se incorporarán aos centros docentes públicos de Ourense

OurenseXa
Na xuntanza abordáronse cuestións relacionadas coa organización da Dirección Territorial e as novas liñas de traballo impulsadas pola Consellería de Educación
manuel-pardo-novos-directores-docentes-ourense
6 Jul 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá un encontro cos 28 novos directores que se incorporarán aos centros docentes públicos da provincia tras o proceso ordinario convocado polas ordes do 12 de marzo e do 13 de maio de 2026 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A reunión serviu como primeira toma de contacto entre os responsables educativos e a administración autonómica, ademais de ofrecerlles información práctica para facilitar o desenvolvemento das funcións que asumirán nos seus respectivos centros.

Durante o encontro abordáronse cuestións relacionadas coa organización e funcionamento da Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Ourense, co obxectivo de proporcionar aos novos equipos directivos ferramentas e orientación para o desempeño das súas tarefas.

Así mesmo, Manuel Pardo trasladou aos asistentes as principais liñas de actuación da Consellería anunciadas polo seu titular, Román Rodríguez, centradas na posta en marcha dun novo paquete de melloras no ensino. Estas medidas ampliarán e reforzarán o alcance das actuacións incluídas no Acordo de 2023, orientadas a garantir e fortalecer a calidade do sistema educativo galego.

0.11678218841553