A Xunta reforza a colaboración cos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía

"É fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos", sinala o delegado sa Xunta en Ourense, Manuel Pardo
O Delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto ao alcalde de Baños de Molgas, Manuel Ángel Fernández Movilla
28 Xuño 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este xoves os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nos encontros de traballo mantidos cos alcaldes dos respectivos concellos, Manuel Fernández e José Luis Gavilanes, repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.  Para o delegado da Xunta, Manuel Pardo "é fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos, polo tanto, a Delegación Territorial está permanentemente aberta para o que precisen, xa que traballar con eles é ofrecer solucións ás necesidades dos seus veciños e veciñas".

0.22481989860535