A Xunta volve activar as alertas por calor nas catro provincias

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | OurenseXa
O interior de Pontevedra estará en vermello, e as zonas do centro de Lugo, do interior da Coruña e da montaña de Ourense estarán en laranxa
mapa-alertas-galicia-3
2 Sep 2026

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións do Goberno galego fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, a Xunta informa que para mañá o sistema de alerta por episodio de calor será nas seguintes zonas isoclimáticas:

Nivel 3, vermello: interior de Pontevedra.

Nivel 2, laranxa: centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense.

Galicia quedará entre hoxe, mércores, e o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que se localizará no norte da península Ibérica. Desde esa posición achegará estabilidade, deixando ceos despexados e aproximará aire cálido de orixe norteafricano o que ocasionará un importante incremento nas temperaturas diúrnas.

Os valores máis elevados espéranse durante as tardes do xoves e do venres. O sábado aínda será un día caloroso, pero probablemente con nubes e algunhas tormentas no interior que farían descender lixeiramente as temperaturas e estes valores tenderían xa a normalizarse o domingo.

No que atinxe ao deporte federado, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, recomenda non practicalo na zona en alerta vermella entre as 13.00 e 17.00 horas, salvo no caso dos deportes náuticos e acuáticos. Asemade, tanto no caso de alerta vermella como laranxa, recoméndase á organización das probas que adapte os horarios da práctica deportiva ás condicións específicas de cada zona, tomando as medidas preventivas necesarias para minimizar o impacto das altas temperaturas na saúde. Os organizadores deberán garantir a protección dos deportistas e do público que asiste ás probas.

O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, xunto coas recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas están dispoñibles nesta ligazón.

Interior da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar.

Centro de Lugo: Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade.

Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.

Interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

0.167240858078