A XXIII Feira do Pinto trasládase este ano á área recreativa de O Pinto-Laioso

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cita celebrarase o 8 de agosto nun novo emprazamento e manterá a súa tradicional degustación de callos como un dos principais atractivos da xornada
feira-agroambiental-o-pinto-esgos
19 Jul 2026

A XXIII Feira Agroambiental do Pinto estreará este ano localización. O evento, organizado polo Concello de Esgos, celebrarase o sábado 8 de agosto na área recreativa de O Pinto-Laioso, un cambio de emprazamento co que se busca ofrecer un espazo axeitado para o desenvolvemento da xornada.

A feira manterá a súa esencia como punto de encontro arredor da tradición, a convivencia e o medio rural, reunindo a veciñanza e visitantes nunha das citas máis consolidadas do calendario estival do municipio.

Un dos momentos máis agardados volverá ser a degustación de callos, que terá un prezo de 5 euros, incluíndo pan, tarteira e callos. As persoas que desexen repetir poderán facelo por 3 euros.

A celebración conta coa colaboración da Deputación de Ourense e forma parte da programación de verán impulsada polo Concello de Esgos.

0.1269109249115